lunes, marzo 16, 2009

é tempo de camiño andar...



Amence paseniño nas terras do solpor
as brétemas esváense coas raiolas do sol

meu amor, meu amor, imos cara o maior
miña amada, meu ben, imos polas terras do alén

acariña o silencio e escoita o corazón
que moitos dos teus soños latexan ao seu son

é tempo de camiño andar e de non esquecer
que o futuro que ha de vir é o que has de facer


e o sol vai silandeiro deitándose no mare
facéndonos pequenos con tanta inmensidade.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Grande canción, ¿é do disco novo?
Se alguén sabe algo das novas de Carlos Núñez que o diga, grazas.